Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pediatras piden reducir contactos dos bebés ante a expansión da bronquiolite

Os pediatras piden reducir contactos dos bebés ante a expansión da bronquiolite

A infección chegou antes de tempo e con máis casos do habitual

Aconsellan lavar as mans e reducir visitas a menores de tres meses para previr contaxios

 

G24.gal 24/11/2022 14:34

Hai pediatras que definen a bronquiolite como a covid dos nenos. E como tal, cómpre previr o seu contaxio, sobre todo entre os acabados de nacer. Lavar as mans antes de tocalos e reducir visitas son medidas coas que protexelos.

"Hai que reducir visitas, non metelos nunha caixa pero si ter sentido común e evitar o contacto se se pode porque os adultos podemos estar contaxiados sen sabelo, pensando nun catarro sen importancia", explica o pediatra Fernando Álvez González.

Este ano a bronquiolite chegou antes e con máis casos e crese que non acadou aínda o pico de actividade. A Comisión Europea aprobou un fármaco preventivo que podería evitar 3 de cada 4 casos que necesitan atención médica.

"Está deseñado para protexer a todos os nenos, non necesariamente aos nenos de risco. A vantaxe é que cunha soa dose intramuscular administrada ao comezo da estación do virus respiratorio sincitial podería ser suficiente para previlo", engade Fernando Álvez.

Un grande avance, din algúns expertos, pero que non chegará a tempo para a actual vaga de contaxios. Así que as medidas preventivas son agora a mellor maneira de protexelos contra o virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos