Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pais soben de media 1.500 fotos dos seus fillos ás redes sociais antes dos cinco anos

Os pais soben de media 1.500 fotos dos seus fillos ás redes sociais antes dos cinco anos

O 23 % dos nenos aparecen nas redes incluso antes de nacer

G24.gal 08/11/2021 21:15

A sobreexposición dos menores nas redes sociais empeza moito antes de que eles as poidan manexar. De feito, os datos indican que o 23 % dos cativos aparecen nas redes antes de nacer, cando seus pais publican as ecografías.

Facebook, Twitter, Instagram, WhatsApp... son só as redes máis coñecidas en que os menores teñen pegadas dixitais, desde que nacen. Así, antes dos 5 anos a maioría dos nenos teñen xa 1.500 fotos perdidas por Internet.

E foron principalmente seus pais os que as publicaron sen ter en conta que fotos ou vídeos que a eles lles parecen graciosos poden resultarlles vergoñentos aos protagonistas e mesmo estragarlles o futuro.

E non se trata só de respectar a súa imaxe e o seu dereito á privacidade, senón tamén de evitarlles os perigos que poidan derivar das publicacións, xa que poden ser usadas con fins pornográficos ou provocar un ciberacoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade