Cargando resultados...
Os pais de menores de 12 anos poderán non traballar as fins de semana en Portugal
O Tribunal Supremo luso ditamina que as empresas non poden obrigalos, agás que demostren que son insubstituíbles

G24.gal
07/11/2022 08:37
Os pais de menores de 12 anos poderán non traballar as fins de semana en Portugal. O Tribunal Supremo luso ditamina que as empresas non poden obrigalos, agás que demostren que son insubstituíbles. Iso si, deberán probar que ese empregado é indispensable e que a súa ausencia compromete o funcionamento da compañía.
A resolución do alto tribunal baséase no caso dunha traballadora dunha multinacional que reclamou poder librar as fins de semanas para quedar cos seus fillos, ao que a empresa respondeu que o autorizaría sempre que a situación o permitise.