Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os números do Lugo neste 2023 non invitan a pensar na salvación

Os números do Lugo neste 2023 non invitan a pensar na salvación

Un punto e un gol en seis xornadas representan unha bagaxe ínfima á procura da permanecia

O triunfo do Racing contra o Leganés deixa a salvación a oito puntos

G24.gal 13/02/2023 21:31

Tras a súa derrota ante As Palmas, o Lugo trata de pasar páxina e pensa en como saír dos postos de descenso. Tres novos goles encaixados na última xornada déixaos como o segundo equipo máis goleado tras o pechacancelas, o Eivissa.

A última vitoria dos albivermellos foi en decembro do ano pasado, e nas últimas seis xornadas só conseguiron sumar un punto. O aspecto goleador tampouco é moito mellor, cun só gol anotado nesas seis xornadas. Pésimos datos que os manteñen na penúltima posición da táboa e coa permanencia a oito puntos.

O triunfo do Racing contra o Leganés culminou unha xornada lamentable para o equipo de Joan Carrillo, que debe facer unha remontada espectacular se quere ter posibilidades de manterse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar