O Lugo perde con xustiza no campo do líder da Liga (3-0)
As Palmas dominou con solvencia, e decidiu cos goles de Pejiño, Loiodice e Loren
A visita ao Estadio de Gran Canaria non era o escenario máis propicio para que o Lugo de Joan Carrillo remontase o voo. Logo do empate sen goles contra o cabeiro da táboa, a visita ao líder foi, como se podía chegar a agardar, un encontro en que non tiveron moitas opcións de puntuar.
O empate inicial durou media hora, ata que abriu o marcador Pejiño. Pero o segundo mazazo chegou xusto antes do descanso, cando Loiodice aproveitou un balón na frontal para deixar un resultado de 2-0 dificilmente recuperable. E antes da hora de xogo, Loren Morón, incorporación invernal, anotaba o seu primeiro gol coas Palmas.
A derrota mantén o Lugo na penúltima praza, con 22 puntos, e arestora a cinco da salvación.