Cargando resultados...
Os números din que Brais Méndez está a facer unha temporada mellor que Aspas
Brais gaña en duelos, recuperacións e pases
Aspas ten máis goles e disparos
G24.gal
15/02/2023 16:01
Última actualización 15/02/2023 16:07
Iago Aspas e Brais Méndez enfróntanse este sábado en Anoeta. Antes, conectados ao servizo; agora, no medio desta comparación. Así lles vai na temporada:
Aspas xogou un partido e 200 minutos máis. Aspas cometeu once faltas, Brais corenta. A Aspas fixéronlle 42 faltas, a Brais 29. Nove goles Aspas, sete goles Brais.
Tres asistencias cada un. Corenta disparos o celeste, 28 o realista. Máis pases Brais Méndez e máis duelos gañados tamén Brais. E máis recuperacións de Brais. Nun mapa global, Brais estaría ante unha mellor campaña. Claro que está apoiado pola actuación da Real Sociedade.