Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os novos almorzos: fóra da casa, máis saúdables e en compañía

Os novos almorzos: fóra da casa, máis saúdables e en compañía

Triunfan as froitas exóticas, os ovos beneditinos, o salmón e os leites vexetais 

O açaí, froita brasileira, restoulle protagonismo ao aguacate

Un dos pratos que se ofrecen nun 'brunch'
G24.gal 07/06/2024 20:57

O encarecemento de alimentos habituais do almorzo, como cacao ou laranxas, non freou a moda de almorzar fóra da casa.

A moda dos almorzos saudables chegan mesmo a negocios de sempre. Esta cafetería compostelá famosa polos seus cafés incentiva a clientela de primeira hora da mañá con continuas novidades xunto aos clásicos churros e ao chocolate. Todo caseiro como nos conta unha das súas camareiras, Lucía Fidalgo do Venecia Café.

"As torradas de masa nai, de queixo de cabra e temos bagels que funcionan moi ben con salmón afumado, pavo. A bolería que facemos pola mañá. Agora sacamos un croissant que colleu fama coa galleta Lotus"..

Unha das últimas incorporacións é o leite dourado, que leva pementa negra, cúrcuma, cenoria e canela.

"Temos tamén un de remolacha, e a xente as novidades quere probalas todas".

Aquí o prezo do almorzo roza os 8 euros, que poden chegar aos 15 nestoutro negocio especializado en brunch, o almorzo de moda que aforra un xantar e chegou de América. Omnipresente nas redes sociais, o brunch revisita receitas vellas como os ovos beneditinos e inclúe moita froita exótica. A do momento é o açaí brasileiro como explican Rita García, cociñeira en Liam Brunch e Sandra Rodríguez, camareira.

"Vai combinado con froita, froitos secos, granola, coco, crema de cacahuete, e está boísimo, ten un sabor moi particular. Ten unhas propiedades antioxidantes enormes".

"Os ovos beneditinos son un prato estrela nos brunch. Hai xente que se atreve cos bagels, que é un pouco máis contundente".

As redes sociais e os influencers son os responsables das modas nos almorzos ata o punto de chegar a convertelos en ideais para celebracións como aniversarios, reunións familiares de fin de semana ou o descanso dos estudantes, os máis numerosos durante a semana.

Agás os creadores de tendencias, ninguén adiviña cal será a próxima tentación...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos