Os nenos protagonizan un pleno infantil para convertérense en deputados por un día
Na iniciativa de Aldeas Infantís participaron 80 nenos de catro colexios
Ata 80 alumnos e alumnas de catro centros escolares galegos participaron este luns no programa "Deputados por un día" no Parlamento de Galicia, promovido por Aldeas Infantís.
A iniciativa trata de facer partícipe a infancia da toma de decisións e da reflexión sobre os valores humanos esenciais.
Os nenos e nenas, de entre de entre 10 e 12 anos, convertéronse por un día en parlamentarios e ocuparon os distintos escanos do Parlamento para elixir entre un total de 12 compromisos, relacionados coa educación, a igualdade entre homes e mulleres e a loita polo clima.
A sesión presidiuna o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a directora xeral de Aldeas Infantís, María del Mar Líndez.