Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os nenos de entre 6 meses e 5 anos vacinaranse por primeira vez contra a gripe

Os nenos de entre 6 meses e 5 anos vacinaranse por primeira vez contra a gripe

Son un dos principais transmisores da enfermidade 

G24.gal 01/04/2022 20:34

Os nenos de entre seis meses e cinco anos vanse vacinar por primeira vez en España contra a gripe. Xa se lles poñía se tiñan algunha condición de risco pero a partir de agora incluirase no calendario infantil de vacinación. É unha medida que reclaman os pediatras e recomenda a Organización Mundial da Saúde por considerar que os nenos máis pequenos son os principais transmisores da enfermidade. 

Os cambios no calendario vacinal infantil da Asociación Española de Pediatría anunciounos o coordinador do Comité Asesor de Vacinas, Francisco Álvarez en rolda de prensa. Agora Saúde Pública deberá considerar os nenos menores de 5 anos como grupo de risco ante a gripe para incluilos na próxima campaña de vacinación da gripe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade