Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os movementos máis destacados dos equipos galegos neste mercado de inverno

Os movementos máis destacados dos equipos galegos neste mercado de inverno

O Celta e o Racing incorporaron tres xogadores

G24.gal 01/02/2024 21:13

Na Primeira División, o Celta incorporou tres xogadores e deu de alta un con ficha do filial. As fichaxes foron Jailson, Manquillo e Tadeo Allende. Miguel Rodríguez, pola súa parte, foi ascendido e terá dorsal do primeiro equipo. 

En Segunda, o Racing realizou tres movementos de entrada. A saída de Carlos Vicente provocou que o club reforzase o xogo de banda con Nico Serrano e Óscar Pinchi. O posto de central era a outra prioridade, e Álex Martín foi o elixido. 

Na Primeira Federación, o Deportivo fichou tres xogadores (Eric Puerto, Quintero e Alcaina) e subiu dous do filial (Iano e Mella). Deixaron o club o porteiro Mackay e o lateral Retuerta. 

O Celta Fortuna deulle a baixa a Iván López e subiu dous xogadores con ficha do Gran Peña que xogaron máis de dez partidos no que vai de temporada: Manel Fernández e Yoel Lago. 

O Lugo fixo a contratación máis mediática, a de Fran Mérida. A el engádese o dianteiro Mario da Costa (Atlético de Madrid B), que ocupan o sitio deixado por Carlos Torrado e Sabit Abdulai. 

O Arenteiro perdeu un referente en ataque como Miku pero conseguiu atraer a Alex Cardero do Real Oviedo e a Marino Illescas do Alxeciras. 

Tamén a Segunda Federación se moveu moito no mercado. 

Coruxo: Mikel Carro (Tarazona) e Álex Rey (Rápido de Bouzas). 

Pontevedra: Azael García (Valencia Mestalla). 

Fabril: Alex Alfaro (Alzira), Martínez Losa (Baleares) e Álvaro Baladía (Vilarreal C).

Ourense C. F.: Hugo Sánz (Hércules), Riki Mangana (Compostela) Diego Rodríguez (Mallorca B) e Moha (Sen equipo). Perdeu o goleador Amin (Murcia). 

Racing Vilalbés: Carrión (Raio Majadahonda), Dieng (Guijuelo), Torrado (Lugo) e Fito (Arteixo). 

Compostela: Escourela (Cerdanyola), Roque (Cartaxena B), David Grande (Marino Luanco), Manu Ramírez (Unionistas) e Matos subiu do filial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos