Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Mossos d'Esquadra deteñen o fillo da muller asasinada en Ripoll como presunto autor do crime

Os Mossos d'Esquadra deteñen o fillo da muller asasinada en Ripoll como presunto autor do crime

Fontes próximas á investigación din que o mozo ía armado cun coitelo e que se puxo agresivo no momento da detención

G24.gal 01/11/2021 21:30

Os Mossos d'Esquadra detiveron o presunto autor do asasinato dunha muller en Ripoll, Xirona. Trátase do seu fillo de 19 anos e principal sospeitoso do crime, que levaba fuxido desde onte.

Grazas á colaboración cidadá, as forzas de seguridade puideron localizalo e apreixalo nunha zona de bosque. Fontes próximas á investigación aseguran que o mozo ía armado cun coitelo e que se puxo agresivo no momento da detención.

A muller asasinada tiña 46 anos e faleceu por unha ferida de arma branca no pescozo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade