Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aragón envia un ES-ALERT de evacuación a tres localidades polo incendio de Orés (Zaragoza)

Aragón envia un ES-ALERT de evacuación a tres localidades polo incendio de Orés (Zaragoza)

Os veciños de Orés e Asín foron evacuados primeiro e despois recibiron a mensaxe de alerta os de Luesia

As lapas arrasaron 200 hectáreas

Un incendio na provincia de Barcelona, tamén con desaloxos e confinados

G24.gal 15/07/2026 18:26 Última actualización 15/07/2026 19:50

O incendio declarado este mércores no municipio zaragozano de Orés,obrigou ao Goberno de Aragón a enviar un ES-ALERT para ordenar a evacuación das poboacións de Orés e Asín, instando os veciños a seguir as recomendacións das autoridades.

Os veciños foron desaloxados e segundo informou o Executivo autonómico, ningunha das persoas evacuadas solicitou aloxamento alternativo. Ademais, residentes dos centros asistenciais de ambas as localidades están a ser trasladados a Zaragoza.

Os habitantes do municipio de Luesia recibiron tamén un ES-ALERT nos seus móbiles avisando da necesidade da súa evacuación preventiva polo incendio forestal. Por iso, está a habilitarse un dispositivo de acollida en Ejea de los Caballeros para aquelas persoas que o necesiten, segundo informou o Goberno de Aragón.

O operativo despregado segue traballando sobre o terreo e mantense o seguimento permanente da evolución do incendio, que afecta a máis de 200 hectáreas. Está solicitada a activación da Unidade Militar de Emerxencias.

Un incendio na provincia de Barcelona, tamén con desaloxos e confinados

Os medios de extinción traballan nun incendio forestal orixinado á primeira hora desta tarde en Sant Quirze Safaja (Barcelona), que levou ao confinamento preventivo de varias vivendas e un hostal rural e a evacuación dunha casa de colonias e un campin.

 

O lume saltaría a estrada que vai de Centelles a Sant Feliu de Codines, provocando algúns focos secundarios, e nestes momentos queima con intensidade, segundo Bombers da Generalitat. Por iso, os Mossos d'Esquadra evacuaron preventivamente a casa de colonias Can Micaló -en Sant Martí de Centelles- e o campin L'Illa, na estrada de Sant Feliu de Codines.

Ademais, Protección Civil da Generalitat recomendou o confinamento preventivo das casas do Pla da Casanova -unha zona de masías illadas- e do Hostal Rural Mas Blanc, situado en Sant Martí de Centelles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade