Cargando resultados...
Os médicos do Obradoiro consideran que o xeonllo de Bender aínda non está curado
O pivote seguirá a súa recuperación en Croacia
G24.gal
02/02/2024 21:17
Que pasa con Dragan Bender? O croata estivo en Santiago onde pasou unha completa revisión médica. A evolución é positiva, pero dificilmente xogará algún partido desta temporada.
O pivote internacional do que o cadro galego ten os dereitos lesionárase por segunda vez no xeonllo esquerdo rompendo o ligamento cruzado anterior. De momento, o Obradoiro descarta a posibilidade de incorporalo e volverá a Croacia para continuar coa recuperación.