Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os maiores xa se preparan para o Entroido de Verín

Os maiores xa se preparan para o Entroido de Verín

Recuperan as cantigas tradicionais da bisbarra para cantar no desfile

Están a elaborar os seus propios disfraces

G24.gal 07/02/2023 20:08 Última actualización 07/02/2023 20:50

Na asociación Aires Nosos de Verín, formada maioritariamente por xubilados, ensaian as cantigas que van interpretar nos días grandes do Entroido na vila ourensá.

O don Carnal é a festa principal de Ourense e non queren que a idade sexa un obstáculo para gozaren plenamente como cando eran mozos.

De feito, moitos deles axudaron a manter a tradición.

Ademais de cantar e bailar, estes maiores tamén elaboran os seus propios disfraces.

E é que din que o Entroido é cuestión de actitude e eles teñen a mellor posible para desfrutar ao máximo.

Malia o frío que vai estes días en Verín, traballan todas as tardes de cara aos días máis festeiros.

Pero o Entroido non remata para estes maiores en febreiro, xa que teñen pensado viaxar ao Brasil a seguir coa troula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar