Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un terremoto de 4,7 graos deixa máis de 20 persoas feridas en Nápoles

Un terremoto de 4,7 graos deixa máis de 20 persoas feridas en Nápoles

O sismo ocasionou o derrubamento de casas e igrexas e o esmagamentos de coches 

O tremor rexistrouse nunha zona de intensa actividade telúrica preto do Vesubio

Danos provocados polo tremor de Nápoles Danos provocados polo tremor de Nápoles
G24.gal 01/08/2026 00:53 Última actualización 01/08/2026 08:16

Un total de 21 persoas resultaron feridas, dúas delas graves, tras un terremoto  de 4,7 graos  ao oeste de Nápoles, na  zona dos Campos Flégreos, preto do volcán do Vesubio.

O tremor  rexistrouse contra as oito menos dez da tarde deste venres e tivo o seu epicentro en Pozzuoli, a  uns tres quilómetros de profundidade, o que explica os numerosos danos. Ademais, rexistráronse cortes de luz e  foi preciso interromper algúns servizos ferroviarios e de ferri.

Centos de persoas botáronse ás rúas ante o temor ás réplicas. Os medios locais informan de derrubamentos de vivendas e  igrexas.  As imaxes tamén dan conta de numerosos danos en vehículos trala caída de fachadas e cornixas.

Trátase do sismo máis forte dos últimos 40 anos nesta zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade