Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mellora a situación nos dous incendios máis graves en España

Mellora a situación nos dous incendios máis graves en España

O de Val d'Uxó qedou estabilizado tras queimar preto de 9.600 hectáreas

Volve a casa a maioría dos evacuados no incendio de Fermoselle (Zamora)

Antón Montero 31/07/2026 21:03 Última actualización 31/07/2026 21:14

Comeza a remitir o pesadelo que comezou hai sete días na Vall d'Uxó. Juan Carlos Valderrama, conseller de Emerxencias da Generalitat Valenciana, confirmaba esta tarde que "se deu por estabilizado o incendio forestal". O lume xa non avanza nos seus 89 quilómetros de perímetro, quedou estabilizado despois de queimar case 9.600 hectáreas, o 12% delas no parque natural da Serra de Espadán.

A Generalitat autorizou o regreso á casa dos 2.800 veciños de Artana e Eslida que permanecían desaloxados. O incendio segue lonxe de estar controlado e témese pola suba das temperaturas e as treboadas secas que se prevén para a fin de semana. 

Tamén chegan boas novas do incendio de Fermoselle, en Zamora."Estamos contentos porque podemos volver a casa", "eu agora si que chorei de ledicia", celebraban dúas veciñas tras recibir o permiso das autoridades para volver aos seus fogares. A evacuación rematou para os habitantes de 12 das 14 localidades desaloxadas.

A moitos, como contaba un apicultor, tócalles facer reconto de danos."Uns oito mil euros de perdas. Xa me contarás de que imos vivir", lamentábase.

O novo foco de preocupación é o Bierzo leonés. Ten cinco incendios activos. Un deles comezou ás tres da tarde na localidade de San Tirso e obrigou a cortar durante tres horas a autovía A-6 en sentido A Coruña. Xa está reaberta pero recomendan precaución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade