Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rematada a emerxencia nacional en Madrid e Ávila, preocupa Zamora e Castelló segue ardendo

Rematada a emerxencia nacional en Madrid e Ávila, preocupa Zamora e Castelló segue ardendo

Na localidade zamorana de Fermoselles arderon en 24 horas case 11.000 hectáreas e as lapas amezan unha reserva ecolóxica

O incendio de  Vall d'Uixó, en Castelló, declarado o sábado, evoluciona ben pero aínda non está estabilizado

EFE/Garda Civil de Zamora
G24.gal 30/07/2026 21:02

Este xoves finalizou a emerxencia nacional polos incendios de Ávila e Madrid, que arrasaron unhas 70.000 hectáreas, aínda que continúan ardendo varios puntos de España, con maior gravidade en Zamora e Castelló.

O presidente do Goberno rebaixou de 3 a 2 o nivel de gravidade dos grandes incendios do centro peninsular polo que a xestión dos sinistros pasa agora a titularidade autonómica. A pesar de que a emerxencia nacional xa finalizou, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias e de Protección Civil continuarán traballando sobre o terreo.

O de Burgohondo (Ávila) presenta un perímetro "case consolidado" con "pouca chama viva ou nula", aínda que se manterá unha vixilancia permanente para evitar reproducións e posibles saltos do lume.

Zamora o que máis preocupa, Castelló segue sen estabilizar

Agora, o traballo dos efectivos de emerxencias céntrase no incendio de Fermoselle (Zamora), que queimou en 24 horas preto de 11.000 hectáreas e alcanzou un perímetro de 75 quilómetros; e no da Vall d'Uixó (Castelló) que queimou xa 9.644 hectáreas e mantén a 7.000 persoas confinadas.

Os medios de extinción centran os traballos en evitar que as lapas, que queimaron ao redor de 11.000 hectáreas, poida chegar ao canón do Tormes e ao do Douro e en reforzar os labores ante as previsións de refachos de vento de ata 40 quilómetros por hora previstos. Dos 75 quilómetros de perímetro do incendio, a situación máis complicada preséntase nun dos flancos que chega á contorna da localidade de Mámoles, xa que a través dese pobo pode penetrarse nunha zona de barrancos do tramo do Douro fronteirizo con Portugal.

As tarefas de extinción do incendio declarado o pasado sábado na Vall d'Uixó, que queimou xa 9.644 hectáreas, avanzan pero sen permitir aínda dalo por estabilizado, aínda que as circunstancias si permiten que un milleiro de veciños de seis localidades volvesen este xoves ás súas casas. O director do Posto de Mando Avanzado, Fernando Kindelan, sinalou que o incendio "evoluciona ben" con aproximadamente un 70% do perímetro consolidado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade