Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os lobos mataron tres cans nos montes de Santiago

Os lobos mataron tres cans nos montes de Santiago

A presenza de lobos cada vez máis preto das casas preocupa a veciños e cazadores na zona norte de Santiago

Nos últimos días atacaron dous cans a menos de cincuenta metros das vivendas

Os cazadores do Tecor Castromaior-A Gracia decidiron suspender as batidas de raposo e os adestramentos dos seus animais

G24.gal 21/01/2026 14:53 Última actualización 21/01/2026 15:11

"Neste caso, non foi un lobo só. Tiveron que ser como mínimo dous. Un can apareceu neste lugar e outro aproximadamente a uns corenta metros de aquí". "E claro, cando un lobo ataca un can, os outros marchan", di Luis Bello, presidente do Tecor Castromaior a Gracia.


Luis volve por primeira vez ao lugar onde os lobos mataron dous cans do grupo de cazadores cos que saíra este domingo. Estamos nos montes do norte de Santiago, que rodean a aldea de Miramontes. 
 

"Un dos participantes viu un lobo moi grande". "Ao ver que os cans pararon tan de repente, xa nos demos de conta de que algo pasaba. Como nós temos os cans con xeolocalizadores para saber en todo momento onde andan". "Viñemos rapidamente cos coches á esta zona e xa vimos os cans mortos", relata Luis.

Hai só unhas semanas un can seu tamén foi vítima do ataque dos lobos. A situación preocupa os cazadores e sobre todo a trintena de veciños que viven no lugar.

"Estamos a menos de cincuenta metros das casas. Nunca matou tan preto das casas".

"A un compañeiro matáronlle cinco cans nunha atacada", comenta un veciño.

Os cazadores do Tecor Castromaior-A Gracia suspenderon as batidas do raposo e os adestramentos ante o temor a perder máis animais e reclaman que as administracións tomen medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade