Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os líderes da UE garanten a solidez da banca en plena xornada negra nas bolsas

Os líderes da UE garanten a solidez da banca en plena xornada negra nas bolsas

Acordan avanzar na unión bancaria, pero non na garantía común dos depósitos

A presidenta do BCE insiste en que as entidades europeas son "fortes e resilientes"

Antón Montero 24/03/2023 20:55 Última actualización 24/03/2023 21:18

O cumio europeo deste venres estivo marcado polas turbulencias financeiras, tanto as das últimas semanas como as deste mesmo venres.

Mentres os líderes, incluídos os presidentes do Banco Central Europeo e o do Eurogrupo debatían, os bancos vivían outra xornada negra nas Bolsas. O Deutsche Bank, o peor parado, caeu case un 9 %.

Con todo, os mandatarios confían en que a experiencia adquirida na anterior crise permitirá capear o temporal. 

Pedro Sánchez asegurou que "Europa aprendeu das leccións extraídas da crise financeira de hai unha década. Onde houbo división, hoxe hai unidade; e onde houbo recortes e insolidariedade, hoxe hai unha resposta solidaria".

Chistine Lagarde insistía en que o sector bancario europeo é forte e resiliente, pero instaba os líderes a completar a unión bancaria.

Os Vinte e sete acordaron reforzar a regulación das entidades. As resistencias de países como Alemaña impediron avanzar cara á construción dun fondo común de garantía de depósitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade