Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os letrados votan o luns unha proposta de acordo que pode poñer fin á folga

Os letrados votan o luns unha proposta de acordo que pode poñer fin á folga

A protesta provocou a suspensión de máis de 360.000 xuízos en toda España en dous meses

G24.gal 24/03/2023 17:22

Os letrados da administración de Xustiza, en folga indefinida desde o pasado 24 de xaneiro, someterán a votación o vindeiro luns en asembleas provinciais unha proposta de acordo que recibiron este venres dos ministerios de Facenda e Función Pública e de Xustiza "tras un intenso debate".

"Se os compañeiros así o queren, a folga resolverase a semana que vén", confirmou a EFE Juan José Yáñez, portavoz do comité de folga e membro da Unión Progresista de Letrados (UPSJ), unha das tres asociacións convocantes.

O paro en reivindicación de melloras salariais vai xa polo dous meses.

Segundo os últimos datos facilitados polo comité de folga, a protesta provocou a suspensión de 360.000 xuízos, 424.000 demandas pendentes de repartición e 1.280 millóns de euros parados nas contas de consignacións dos xulgados, un escenario que non fará posible "recuperar a normalidade durante 2023".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade