Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os hoteis de Ferrol e Viverio colgarán o cartel de completo nos días centrais da Semana Santa

Os hoteis de Ferrol e Viverio colgarán o cartel de completo nos días centrais da Semana Santa

As previsións din que o tempo podería complicar as celebracións

G24.gal 22/03/2024 14:07

Ás portas da Semana Santa, Ferrol e Viveiro, dous dos principais destinos galegos nestas datas, prepáranse para recibir miles de visitantes. Os establecementos hostaleiros de ambas dúas localidades prevén colgar o cartel de completo nos días centrais da semana.

A día de hoxe, a maioría dos hoteis e aloxamentos de Ferrol-Terra están completos entre o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección. A metade desas reservas cubríronse nos últimos quince días. “A verdade que bastante ben, tivemos reservas con bastante antelación e prevese unha boa Semana Santa, como case todos os anos”, di Juan Carlos, recepcionista nun hotel da cidade.

Para o resto da semana, o nivel de ocupación sitúase entre o 70 e o 80 por cento. Unha situación que se repite na localidade luguesa de Viveiro, onde agardan recibir 40.000 visitantes durante a Semana Santa.

“Pois as previsións son moi boas e os datos que nos pasan desde hoteis, aloxamentos e demais son para os días centrais da Semana Santa, que son a partir da noite do mércores e ata a noite do sábado, practicamente dunha ocupación do cen por cento. E os primeiros días da semana a ocupación hoteleira tamén vai moi ben", explica Isabel Méndez, xerente da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro.

Declarada en 2013 Festa de Interese Turístico Internacional, a Semana Santa supón unha importante inxección económica para a vila viveirense. Agora fai falta que o tempo acompañe, aínda que as previsións non son as máis optimistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade