Os hostaleiros din que non atopan persoal cualificado
O sector defende que se melloraron os salarios e as xornadas laborais pero segue sen haber interese por estes postos de traballo
A Xunta forma a 7.000 traballadores para profesionalizar o sector
Nun establecemento pasaron de atender a medio cento de aspirantes por cada oferta de traballo que publicaban a tan só tres ou catro. Aseguran que hai interese por ocupar estes postos.
"En Lugo moitos negocios pechan por falta de persoal", asegura Suso Díaz, dono de varios establecementos.
A situación agravouse coa pandemia, a inseguridade laboral provocada polas restricións derivou moito do seu persoal a outros sectores. Melloráronse os salarios e as xornadas laborais, pero segue sen reactivarse a demanda.
"Un camareiro cobra 1.200/1300 euros, se fai horas extras 2000. No 90 por cento dos locais a xente está ben pagada, mínimo segundo convenio e teñen as súas xornadas e tempo libre coma noutros sectores", engade o hostaleiro.
O sector en colaboración coa Xunta buscan iniciativas para mellorar a formación do persoal e profesionalizalo.
"Súmanse a oferta formativa actual, e vinculada aos servizos relacionados co Xacobeo, e que están formando a máis de 7.000 traballadores", explica a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana.
A formación que se lles ofrece céntrase nos idiomas, o traballo en equipo ou a atención ao cliente.