Os hostaleiros da Lanzada están preocupados ante os problemas de conexión pola falta de fribra óptica
Os hostaleiros da Lanzada están preocupados ante os problemas de conexión pola falta de fribra óptica
Fixeron investimentos para mellorar a conexión dentro dos establecementos
Ás portas do verán os hostaleiros da Lanzada están preocupados polos problemas que a falta de conexión á fibra óptica lles ocasiona.
Aseguran que a instalación está feita desde hai anos e tan só depende de que a operadora faga a conexión.
Consideran que a día de hoxe se trata dun servizo esencial tanto para xestión como para os clientes. Por iso moitos fixeron investimentos para mellorar o funcionamento dentro dos establecementos, que non son suficientes sen a conexión á fibra.
Piden que a Administración e as operadoras posibiliten a despregadura deste servizo fundamental nunha das grandes áreas turísticas de Galicia.