Cargando resultados...
Os goles e a festa do Arenteiro, no son do 'Galicia en goles'
O conxunto do Carballiño goza na Radio Galega do ascenso virtual a 1ª RFEF

G24.gal
08/04/2023 21:23
Última actualización 08/04/2023 21:42
Só queda agardar a mañá domingo para coñecer se o Arenteiro ascende ou non. Necesita de resultados negativos de Avilés e Guijuelo, pero, pase o que pase, o vivido esta tarde no Espiñedo quedará para a historia. E o Galicia en goles quixo deixar constancia deste fito cunha montaxe sonora, a cargo do técnico de son Daniel Casares, en que se pode gozar dos goles do conxunto verde e, por suposto, das declaracións posteriores dos protagonistas.