Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tractores deixan Lugo tras comprometer a Xunta axudas directas aos gandeiros

Os tractores deixan Lugo tras comprometer a Xunta axudas directas aos gandeiros

O conselleiro de Medio Rural comprometeu unha liña de axudas de entre dez e doce millóns de euros para o sector

Manterán un retén diante da Subdelegación do Goberno ata que os reciban no Ministerio de Agricultura

G24.gal 15/05/2023 20:27 Última actualización 15/05/2023 20:31

Os gandeiros de carne abandonan a súa protesta diante do edificio da Xunta en Lugo. Os tractores que estaban desde o xoves na Ronda da Muralla empezan a volver ás súas explotacións.

Fano despois de que os representantes da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema se reunisen co conselleiro do Medio Rural e este se comprometera con eles a pór en marcha unha liña de axudas para o sector de entre de e doce millóns de euros, en función dos quilos de carne certificada.

Ademais, tamén lles comunicou que haberá outra liña de axudas, aínda sen cuantificar, para fomentar a prevención de incendios forestais e previr as súas zonas de pastoreo.

Lembremos que os gandeiros reclamaban prezos dignos para a súa carne, que denuncian que llela están pagando igual que hai 30 anos. 

Os gandeiros deixaron libre a Ronda da Muralla, pero anuncian que van manter un retén indefinido na Subdelegación do Goberno para esixir compromisos do Goberno central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade