Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os gandeiros cortan a N-525, en Boado, ás portas de Xinzo

Os gandeiros cortan a N-525, en Boado, ás portas de Xinzo

A protesta causou importantes retencións

Barallan novas protestas na Subdelegación do Goberno tras cinco días concentrados na A-52

G24.gal 02/02/2026 21:08

Na tarde deste luns os gandeiros cortaron a N-525 en Boado, a uns catro quilómetros de Xinzo de LImia. Cortaron a estrada con pacas e pneumáticos ardendo.

Unha pá comezou a limpar a estrada para habilitala outra vez á circulación. Mentres, Tráfico estableceu itinerarios alternativos, como a estrada de Cualedro.

Os gandeiros levan varias semanas de mobilizacións con tractoradas e en protesta polo acordo da Unión Europea con Mecosur e tamén pola PAC.

Algunhas fontes desvinculan o corte da Nacional cos que levan cinco días concentrados na A-52 ao seu paso por Xinzo de Limia. Estes, barallan novas protestas fronte á Subdelegación do Goberno en Ourense.

"Como non temos resposta de ninguén, as dúas opcións que se barallan son facer un asentamento persoal na porta da Subdelegación ou arrincar cos tractores para Madrid", trasladou Miguel Gómez, un dos portavoces da 'Tractorada'.   

Os tractoristas manteñen o bloqueo de ambos sentidos da autovía, sobre o quilómetro 190.500, desde que o pasado xoves mobilizaron máis de 100 tractores desde o polígono industrial de San Cibrao das Viñas, onde permaneceron concentrados preto dunha semana, á vía para esixir unha reunión cun alto cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Esta vez, o colectivo advirte da posibilidade de mobilizarse de novo fronte á Subdelegación na cidade ou trasladar os tractores á capital. A Subdelegación do Goberno en Ourense, consultada por Europa Press sobre unha posible reunión con algún alto cargo do Ministerio, sinalou que o colectivo xa mantivo o 7 de xaneiro unha reunión co "máximo representante" do Goberno de España en Galicia, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, que "está en permanente contacto" co ministro, Luis Planas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade