Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos gastan unha media de 16,83 euros na lotaría de Reis

Os galegos gastan unha media de 16,83 euros na lotaría de Reis

Onde máis gastan é na provincia de Lugo, cunha media de 22,77 euros

A lotaría de Reis reparte 700 millóns de euros en premios

G24.gal 03/01/2022 20:50

A uns días do sorteo do Neno hai moita actividade nas administracións de lotaría.

O gasto medio por habitante en Galicia é de 16,83 euros fronte aos 67 da lotaría de Nadal e é que este sorteo ten menos fama. Mesmo hai quen o colle con certo enfado cando non lle toca nada no do 22 de decembro.

Lugo é a provincia galega que máis gasta no Neno cunha media de preto de 23 euros e algunhas administracións non paran de vender décimos. Neste sorteo o máis habitual e intercambiar un décimo premiado por outro e que as vendas sexan de décimos soltos.

O sorteo do Neno reparte en total 700 millóns de euros en premios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade