Os galegos da Primeira RFEF queren despedir o ano con vitoria
A última xornada do ano vén cun partidazo, o que veremos esta tarde as sete na G2 desde a Malata. O Rácing recibe ao Alcorcón. Cuarto contra segundo. Os de Cristóbal están a tres puntos do equipo madrileño, que acaba de derrotar con claridade ao Córdoba.
Non é unha final, pero os puntos valen dobre. Os outros tres galegos xogan mañá ao mediodía. Veremos en directo o encontro que se xogará en Salamanca entre o Unionistas e o Celta B. O filial celeste está preto da zona media e quere achegarse a postos máis altos da clasificación.
O Deportivo visita ao Ceuta, o pechacancelas da táboa. Óscar Cano, que non quere confianzas, falou así do bo estado de forma de xogadores como Rubén Díez ou Svensson.
E o Pontevedra visita ao Alxeciras co obxectivo de acabar o ano fóra do descenso. Antonio Fernández confía no seu equipo.
Haberá que ver se ese traballo dá os seus froitos nesta xornada.