Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias do Pitanxo séntense decepcionados seis meses despois da traxedia

As familias do Pitanxo séntense decepcionados seis meses despois da traxedia

Critican a xestión do Goberno sobre o accidente e a negativa a baixar ao pecio

G24.gal 15/08/2022 14:23

Este luns fanse 6 meses do naufraxio do Villa de Pitanxo. A maior traxedia no mar, e tamén a maior traxedia laboral en calquera eido, dos últimos corenta anos.

O pesqueiro con base en Marín afundiuse en augas próximas á illa canadense de Terra Nova, onde traballaba pescando fletán. 21 dos 24 tripulantes morreron. Só puideron recuperarse 9 cadáveres. Ningún deses corpos levaba o traxe especial de emerxencia.

Entre os tres que salvaron a vida, o capitán, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, que si levaban o traxe. E o mariñeiro ghanés Samuel Kwesi, que nada máis regresar a España foi á Garda Civil para desmontar a versión do patrón de que o naufraxio se debera a unha avaría no motor.

As pescudas dos axentes acabaron na Audiencia Nacional, que atopou indicios de criminalidade no proceder do capitán e decidiu investigalo por 21 presuntos homicidios por imprudencia grave, malia que o seu sobriño segue a avalar o seu relato.

Porén, o xuíz instrutor derivou a causa aos xulgados de Marín, que lla devolveu. A día de hoxe aínda non sabemos onde se vai completar esa instrución.

Pasou medio ano e os restos do buque aínda non foron localizados malia a presenza de buques oecanográficos do Ministerio de Pesca na mesma zona do naufraxio e o ofrecemento de medios privados para levar a cabo esa misión.

O verán avanza e en poucas semanas xa será inviable levar a cabo esa hipotética misión por razóns meteorolóxicas en augas de Terranova. Agora mesmo a palabra coa que definen todo o vivido dende entón en canto o apoio das autoridades as súas demandas e a palabra decepción.

Confían na xustiza e prefiren que sexa a Audiencia Nacional a que xulgue o caso e que xa non se perda máis tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade