Cargando resultados...
Os expertos recomendan certos alimentos para combater o frío
Os froitos secos achegan calorías, mentres caldos, picantes ou infusións aumentan a nosa temperatura
G24.gal
25/11/2021 21:55
As temperaturas baixaron nos últimos días e xa caeron as primeiras nevaradas. Vai frío e a alimentación pode axudarnos a levalo mellor cunha suba de calorías moderada.
E cales son esas comidas ou produtos que aconsellan os especialistas? Os froitos secos achegan calorías, en pouca cantidade, mentres que os caldos e as infusións aumentan a nosa temperatura. Tamén os picantes e os legumes son bos para facer fronte á friaxe.
Pero tan importante como combater o frío é manter unha dieta equilibrada. Porque un xeito de vida saudable continúa a ser a mellor ferramenta para afrontar calquera época do ano.