Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos piden que a menor gravidade da ómicron non leve a trivializar o virus

Os expertos piden que a menor gravidade da ómicron non leve a trivializar o virus

G24.gal 13/01/2022 14:03

Ante a avalancha de casos que supón a ómicron, priorizar a atención dos vulnerables é unha estratexia adecuada, segundo os expertos.

"Hai que seguir impedindo que se transmita, pero hai que ir á fase de mitigación: dirixir os esforzos aos vulnerables e ás persoas que poidan necesitar atención hospitalaria. Isto pode contribuír tamén a desconxestionar atención primaria", explica o catedrático Juan Gestal.

Desde a Organización Mundial da Saúde piden, iso si, non precipitar o cambio cara á consideración como endemia. Lembran que en África 8 de cada dez 10 persoas aínda non completaron a pauta da vacina e piden non dar por finalizada a fase aguda da pandemia ata non superar esta brecha: o risco de mutacións persiste.

"É posible que este ano vexamos unha evolución cara á endemia, pero aínda é pronto. Agora estamos nunha fase na que temos que controlar esta onda que temos, que é moi alta", argumenta Marcos López Hoyos, presidente da Sociedade Española de Inmunoloxía.

A ministra Darias pensa que o cambio de fase debe abordarse a nivel continental.

"Cando acabe esta sexta onda, cando cheguemos a unha proposta técnica das persoas expertas, e cando cheguemos a un consenso dende a cogobernanza das comunidades autónomas, pero tamén e nivel internacional".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade