Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os exames das oposicións de Educación comezan o 18 de xuño

Os exames das oposicións de Educación comezan o 18 de xuño

O Consello da Xunta aprobou o decreto da OPE, que suma 2.628 prazas

G24.gal 20/01/2022 14:58

Galicia adianta a aprobación das oposicións de ensino para que os aspirantes poidan examinarse co sistema de sempre, antes do cambio que favorecerá os interinos conseguir unha praza. Os exames comezarán o 18 de xuño. Como se adiantara, haberá 2.628 prazas, das que o 87 % serán de novo ingreso: 950 para mestres, 1.269 para secundaria, 45 para escolas de idiomas, 8 para artes plásticas, 27 para docentes con competencias para dar módulos de F.P e 144 do corpo de profesores técnicos de Formación Profesional.

"Con estas, nos últimos 13 anos levariamos 13.000 prazas novas en Educación pública e renovariamos un 30-33 % dos profesores de Galicia. Grazas a isto somos a comunidade coa taxa de temporalidade máis baixa de España -estamos no 8% e a media de España do 25 %-. Unha vez que fagamos estas probas nos situaremos nunha taxa de temporalidade do 6,5 %", defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta en que se aprobou o decreto da OPE de Ensino.

A convocatoria do 2022 publicarase no DOG a próxima semana. No último trismestre do ano celebrase o consurso de méritos para máis de 500 interinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade