Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo segue invicto grazas ao empate de Aubameyang no Coliseum (1-1)

O Deportivo segue invicto grazas ao empate de Aubameyang no Coliseum (1-1)

O dianteiro leva cinco goles en cinco partidos

O cadro coruñés suma nove puntos en cinco xornadas, e aínda non coñece a derrota

G24.gal 13/09/2026 20:29

O Deportivo e Aubameyang seguen sumando. No Coliseum adiantouse o Xetafe, pero un gol do gabonés permitiulle aos coruñeses mantérense invictos, logo de sumar nove puntos en cinco partidos.

O Xetafe comezou mellor, presionando arriba e roubando en zona perigosa. Así chegaba xa no minuto dous unha acción que culminaba con gol de Iván Azón, pero o dianteiro estaba en posición de fóra de xogo. Enes Unal e o propio Iván Azón remataban senllas accións desde a frontal, pero os envíos marcharon desviados.

Pasaban os minutos e o Deportivo foise asentando, tendo a súa primeira ocasión clara no minnuto 35, cando centrou Aubameyang desdde a dereita, e Quagliata entraba polo segundo pau para empalmar moi preto do traveseiro. Primeiro avisou ao que respondeu Terrats con outro remate desviado a pase de Satriano.

Replicou Quagliata co seu segundo remate desde o segundo pau, desta volta rexeitado por David Soria. E outra boa combinación dos coruñeses deixou so a Soriano na área a pase de Luismi, pero Soria volveu tapar o remate negando o gol.

A primeira da segunda metade tamén saíu das botas de Quagliata, servindo agora cara a dereita, onde rematou alto Luismi Cruz. E a segunda, á contra, finalizouna Nsongo Bil ao lateral da rede.

Pero a primeira do Xetafe, á saída dun córner, levou aínda máis perigo, cun remate de Mario Martín a boca de xerro que repeleu o traveseiro.

No minuto 20 desta continuación, unha contra moi ben levada por Terrats, que fixo a parede con Iván Azón, culminábaa cun lanzamento raso lonxe do alcance de Leo Román.

Co 1-0, tocoulle a Hidalgo mover o banco. Un dos homes de refresco, Yeremay, sacou no 77 un centro medido que cabeceou Aubameyang á rede, o seu quinto gol noutras tantas xornadas que lle servía ao de Gabón para igualar o choque. A piques estivo Aubameyang de rematar con acerto un centro de Soriano pouco despois.

Ao final, empate a uns no Coliseum, que lles permite aos coruñeses seguir na parte alta da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar