Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA rexistra a primeira morte dun humano por unha cepa da gripe aviaria que só se detectara en animais

Os EUA rexistra a primeira morte dun humano por unha cepa da gripe aviaria que só se detectara en animais

As autoridades sanitarias estadounidenses supoñen que é a primeira morte dun humano rexistrada no mundo pola variante H5N5

A persoa morta era "un adulto maior con afeccións" previas, explican no informe

O risco para a poboación por esta enfermidade "segue sendo baixo", din as autoridades dos EUA

 

A gripe aviaria está presente en aves acuáticas de todo o mundo e pode transmitirse a aves domésticas como pitos e patos A gripe aviaria está presente en aves acuáticas de todo o mundo e pode transmitirse a aves domésticas como pitos e patos
G24.gal 23/11/2025 09:25

As autoridades sanitarias dos Estados Unidos anunciaron o falecemento dun paciente que fora infectado co virus H5N5, unha cepa da gripe aviaria rara, o que supón a primeira morte rexistrada dun ser humano por esta variante.

"Un residente do condado de Grays Harbor que recibía tratamento contra a gripe aviaria H5N5 faleceu hoxe", informou nun comunicado o Departamento de Sanidade do Estado de Washington (noroeste dos Estados Unidos).

Segundo as autoridades, o falecido foi a primeira persoa no mundo en contraer o virus H5N5, unha cepa que ata o de agora só fora detectada en animais.

O departamento describiuno como "un adulto maior con afeccións subxacentes" e subliñou que o risco para a poboación por esta enfermidade "segue sendo baixo" debido a que non hai evidencias de transmisión do virus entre persoas.

"Ningunha outra persoa involucrada deu positivo na proba de gripe aviaria. As autoridades de saúde pública continuarán controlando calquera persoa que estivese en contacto próximo co paciente para detectar síntomas e asegurar que non se produciu a propagación entre persoas", agregou.

O doente, do que non revelaron a idade, faleceu onte tras permanecer hospitalizado desde principios de novembro. A vítima tiña no seu patio traseiro diferentes aves domésticas que, segundo as probas das autoridades sanitarias, foron "a fonte máis probable" de contaxio.

A gripe aviaria está presente en aves acuáticas de todo o mundo e pode transmitirse a aves domésticas como pitos e patos. En raras ocasións se produce o contaxio a humanos, e está ligado ao contacto con animais enfermos ou mortos.

Segundo os Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC, polas súas siglas en inglés) desde 2024 confirmáronse 71 casos en humanos de gripe aviaria H5N1 nos Estados Unidos, a cepa máis común da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos