Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rematan as negociacións a tres bandas entre os EUA, Rusia e Ucraína sobre territorio e seguridade

Rematan as negociacións a tres bandas entre os EUA, Rusia e Ucraína sobre territorio e seguridade

As tres delegacións reuníronse por segundo día en Abu Dabi na procura dun acordo

O control do Donbás está sendo o principal escollo para poñer fin ao conflito

G24.gal 24/01/2026 13:59

As negociacións entre as tres delegacións, sen participación dos presidentes Donald Trump, Volodímir Zelenski nin Vladimir Putin, tiveron continuidade nesta xornada nos Emiratos Árabes Unidos. Foi despois dun primeiro encontro que non serviu para chegar a ningún pacto pero que tampouco fixo a ningunha das partes retirarse das conversas.

"Cada hora, os repesentantes ucraínos infórmanme. Están nos Emiratos. Hai unha delegación ucraína, unha americana e outra Rusia alí hoxe. Houbo unha conversa importante, porque despois de moito tempo non houbera un encontro a tres bandas como este. Están falando sobre os parámetros da fin da guerra", declaraba o presidente da Ucraína, Volodímir Zelenski.

A pugna polo Donbás era o principal escollo para chegar a un acordo. Rusia esixe que a Ucraína retire as súas tropas deste territorio, actualmente controlado na súa gran maioría por Putin.

As negociacións, celebradas a porta pechada e co máximo hermetismo, celebráronse en Abu Dabi, lonxe da Unión Europea e sen contar con ela.

Mentres, un novo ataque masivo de Rusia deixaba unha persoa morta e catro feridos durante a pasada noite en Kíiv. O ataque tamén deixou sen calefacción uns 6.000 edificios da capital.

Mentre as tropas ucraínas adestran en condicións de frío extremo preto de Járkov, descoñécese, de momento, se se acadou algún acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade