Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca a "excelencia" da educación galega, "accesible e adaptada á realidade"

Rueda destaca a "excelencia" da educación galega, "accesible e adaptada á realidade"

G24.gal 24/01/2026 14:25 Última actualización 24/01/2026 14:40

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, visitou este sábado o polo creativo da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago para conmemorar o Día Internacional da Educación, que se celebra cada 24 de xaneiro. Alí reivindicou a excelencia do sistema educativo galego, que definiu como "accesible, inclusivo e adaptado á realidade".

Acompañado dos membros da comisión de Educación do PPdeG, Alfonso Rueda visitou o primeiro polo creativo (aulas on o alumnado aprende a solucionar retos e que buscan impulsar vocacións tecnolóxicas) que se abriu nunha facultade e que xa hai en máis de mil colexios e institutos da comunidade. O presidente di que estas aulas son un exemplo da "excelencia" da Educación en Galicia.

Rueda reivinciou iniciativas "pioneiras" nesta materia que puxo en marcha a Xunta, e que son copiadas, apunta, noutros territorios, como a matrícula gratuíta dende infantil ata a Universidade; ou o plan para regular o uso que fan os máis novos dentro e fóra das aulas. O presidente asegura que estas medidas buscan unha educación adaptada á realidade e accesible.

"Accesible e inclusiva, a máis inclusiva de España, grazas ás nosas políticas. Aínda temos que seguir mellorando pero creo que o esforzo que se está facendo para atender todo tipo de necesidades que se dan nas aulas é recoñecido polos índices de PISA", afirmou Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade