Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda presume de educación en Galicia “de excelencia, accesible e adaptada á realidade” 

Rueda presume de educación en Galicia “de excelencia, accesible e adaptada á realidade” 

Coincidindo co Día da educación, o presidente do PPdeG visitou un dos polos creativos que hai nos centros escolares da comunidade

Alfonso Rueda acompañado por membros do PPdeG celebra o Día da Educación na USC. EFE/Xoán Rey
G24.gal 24/01/2026 13:46 Última actualización 24/01/2026 14:34

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, puxo en valor este sábado a educación pública en Galicia que ofrece unha formación “de excelencia, accesible e adaptada á realidade actual, que é moi cambiante”.

Diso deu conta no acto organizado polo PPdeG para conmemorar o Día da Educación, ao que tamén asistiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder do PP de Santiago, Borja Verea, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no que visitaron o Polo Creativo na Facultade de Ciencias da Educación.

Rueda e o resto de dirixentes do PP coñeceron de primeira man esta iniciativa que contribuirá á mellor formación dos estudantes de hoxe e futuros docentes de mañá ante os retos da sociedade do século XXI.

O presidente galego puxo en valor  “todo o que supón o sistema educativo galego”, que é un motivo de orgullo para a sociedade e, neste sentido, apelou aos membros do PP para seguir achegando ideas porque “desde o partido é desde onde hai que facer as propostas e orientar o labor da Xunta”.

Para o presidente galego é imprescindible que a educación evolucione ao mesmo tempo que avanza a sociedade para atender ás necesidades tamén dos mercados.

Destacou que estes cambios se perciben xa nos cursos de idades temperás porque o que agora se ensina nas aulas “pouco ten que ver co que ensinaba non hai tantos anos”. 

Así mesmo, reivindicou a accesibilidade do sistema en Galicia xa que a educación é “gratuíta desde o principio” e, no caso de “aqueles que se esforzan” pode concluír tamén da mesma forma ao contar Galicia cun modelo de matrículas gratuítas, tamén nos estudos superiores.

Por último, o presidente galego celebrou melloras no sistema que se perciben en cuestións como a redución do abandono escolar ou a revolución silenciosa da Formación Profesional.

Así as cousas, admitiu que “todo isto non sería posible sen o profesorado, que fai que o sistema funcione día a día” cun traballo “responsable e profesional no benestar dos alumnos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar