Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os escarapotes suman vítimas na praia coruñesa de San Amaro

Os escarapotes suman vítimas na praia coruñesa de San Amaro

Na contorna do Cabo Prior apareceron exemplares de Carabela Portuguesa

G24.gal 10/08/2022 14:38 Última actualización 10/08/2022 14:45

A pequena praia urbana de San Amaro na Coruña acumula máis do 60 por cento das picadas de faneca na cidade. Ata 54 contabilizaron os socorristas en pouco máis de mes e medio. Moitas máis que Riazor ou o Orzán a pouca distancia. A única explicación que atopan é que a area aquí e máis fina e ao peixe resúltalle máis fácil meterse baixo ela e atópase máis cómodo ata que alguén pisa enriba del.

Cunha media desde que comezou a tempada de verán dos socorristas o 15 de xuño de arredor dunha picada por día, a praia de San Amaro é sen dubida a favorita dos escarapotes na Coruña. Sobre todo están activas coa marea baixa e máis aquí polo tipo de area e polo abrigo desta praia que noutros areais coruñeses.

A picada varía en intensidade segundo o peixe crave o seu veleno dunha, dúas ou das súas tres aletas. O único remedio é auga ben quente durante o máximo tempo posible. Aínda cos datos actuais, a maioría non ten sensación de perigo.

Medusas en cabo Prior

Ademais das fanecas a Sociedade Galega de Historia Natural advertiu da visita ás costas coruñesas doutra especie bastante perigosa para os bañistas. Na contorna do cabo Prior atopáronse exemplares de carabela portuguesa. Este organismo con aparencia de medusa conta con filamentos urticantes cun veleno que ten importantes consecuencias neurotóxicas para os humanos e outras especies.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos