Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os encoros galegos están por riba da media desta época

Os encoros galegos están por riba da media desta época

As presas galegas están ao 85 % da súa capacidade

A borrasca retírase e de cara ao mércores agárdase unha suba notable das temperaturas

G24.gal 05/05/2024 21:32

En total a auga que hai nos encoros despois da choiva destes últimos días deixa as reservas galegas case 20 puntos por enriba da media nacional. As presas están ao 85 % da súa capacidade, cando a media dos últimos dez anos nestas datas en Galicia estaba no 78.

Entramos así no mes de maio cunha boa situación hídrica tanto na conca Miño Sil como na de Galicia Costa, e incluso hai ríos como o Lérez ou o Tambre onde esta fin de semana a Xunta tivo que activar o Plan Inungal por perigo de desbordamento. 

A última borrasca comezou a retirarse esta tarde e coa apertura dos primeiros claros a xente saíu á rúa. Será esta unha semana para recuperar o tempo atrasado nas colleitas, volver montar as terrazas para as festas da Ascensión e recuperar a primavera que parecía que se fora.  

Xa co anticiclón enriba nos primeiros días da semana, de cara ao mércores agárdase a entrada de aire quente e unha suba de temperaturas por enriba dos 25 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade