Cargando resultados...
Os encoros españois están en situación crítica, ao 40 % da súa capacidade
Esta media presenta diferenzas remarcadas entre a reservas das presas no País Vasco e as da metade sur peninsular

G24.gal
06/08/2022 19:25
Última actualización 06/08/2022 19:39
A seca está a acender as alarmas en boa parte dos encoros de España, que están sobre o 40 % da súa capacidade de media.
Esa porcentaxe considérase moi crítica a estas alturas do ano. De todas formas, as cifras varían moito, xa que as presas en Euskadi superan o 70 % da súa capacidade, mentres que na metade sur do país figuran xa por debaixo do 30 %.
A Axencia Española de Meteoroloxía lembra que desde 1965 non se rexistra un período entre maio e agosto con tan poucas precipitacións, o que implica un perigo evidente para as reservas hídricas.