Os encoros da bacía Miño-Sil sitúanse perigosamente en preto do 50 % de capacidade
O Miño ao seu paso por Ourense, o Arenteiro, no Carballiño, ou Limia ofrecen imaxes impropias desta época do ano
Fin de semana de chuvias e treboadas, pero parece que non suficientes como para recuperar o nivel de auga nos ríos e encoros galegos. Na provincia de Ourense os datos preocupan.
Segundo datos da Confederació Hidrográfica Miño-Sil, está a ser o ano hidrolóxico máis seco dende que hai rexistros, arredor dun cincuenta por cento menos do que é habitual nesta época do ano. Houbo máis precipitacións no mes de xuño que noutros meses como novembro, febreiro ou marzo.
Os encoros están ao 53 por cento da súa capacidade e hai varios ríos en alerta polo seu baixo caudal. Un deles é o río Miño ao seu paso por Ourense, pero tamén o Arenteiro, no Carballiño, ou tamén o río Limia.
Na conca Galicia-Costa levan cinco meses en prealerta, cun 35 por cento menos de auga nos seus ríos que o ano pasado e case un cincuenta por cento menos de precipitacións.