Cargando resultados...
As persoas que paseen cans pola Coruña deberán limpar os ouriños que deixen na rúa
A nova ordenanza obriga a levar unha botella de auga con limón ou bicarbonato
Na Coruña hai censados ao redor de 30.000 cans
G24.gal
16/04/2023 14:16
Última actualización 16/04/2023 14:30
O Concello da Coruña introduciu cambios na ordenanza que regula a tenza de animais. Ademais de endurecer as sancións, introduciu unha nova norma que obriga os donos a limpar os ouriños dos cans na rúa.
Os propietarios terán que levar unha botella de auga, mellor mesturada con algo de limón ou bicarbonato, para limpar os ouriños.
A medida entrará en vigor en dous meses, pero moitos propietarios xa incorporaron a botella de auga aos paseos. A cidade ten censados ao redor de 30.000 cans.