Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os donos das gasolineiras: "Se o Goberno non segue coas bonificacións, a culpa non será nosa"

Os donos das gasolineiras: "Se o Goberno non segue coas bonificacións, a culpa non será nosa"

Os donos das gasolineiras afirman que teñen que vender os carburantes caros porque os están comprando caros, non porque queden con máis marxes

Nadia Calviño advertía onte de que non prorrogará as bonificacións se os intermediarios inflan os prezos

G24.gal 06/05/2022 09:37 Última actualización 06/05/2022 12:04

Os donos das gasolineiras afirman que teñen que vender os carburantes caros porque os están comprando caros, non porque queden con máis marxes.

Din que, para eles, sería unha boa noticia que seguisen as bonificacións do Goberno. Se o Goberno as corta, di, non será culpa das gasolineiras.

Dicíao, no Galicia por diante, o presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo, Julio López, en resposta á vicepresidenta económica do Goberno, Nadia Calviño, que onte advertía de que non prorrogará as bonificacións se os intermediarios inflan os prezos.

"Ser colaboradores do Goberno, que haxa descontos no noso produto estrela que lles vendemos aos nosos clientes para nós é marabilloso. Oxalá o fixesen doutra forma moito máis grande e moito mellor. Oxalá a prorroguen da forma que o fagan. Para min sempre será estupendo. Se non o fan, o que non poden é botarlles a culpa ás estacións de servizo".

"As estacións de servizo sufrimos, colaboramos, adiantamos e adaptámonos para facer isto o mellor que puidemos. Se o mercado internacional de prezos subiu, a nós que non nos boten a culpa. Nós compramos máis caro e, polo tanto, temos que vender máis caro. Os culpables serán outros".

"Na nosa intención, agora que xa nos adaptamos, se queren seguir co desconto, para nós será marabilloso, agora que xa gastamos os nosos cartiños e xa nos adaptamos. Se nos mandan os cartos rápido, nós encantados de que os clientes teñan un prezo menor. Se non o fan, a culpa non será das estacións de servizo. Ao revés, o esforzo que fixemos foi moi grande para poder adaptarnos a un cambio tan radical e estamos adiantando nós os cartos, que aínda non nos chegaron".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade