Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os cruceiros, as illas ou o leste de Europa, entre os destinos máis demandados esta Semana Santa

Os cruceiros, as illas ou o leste de Europa, entre os destinos máis demandados esta Semana Santa

Nas axencias sinalan un incremento de prezos de entre o 10 e o 15 por cento

Félix Aragunde 19/02/2024 20:29 Última actualización 19/02/2024 20:49

A un mes da Semana Santa, poucas opcións quedan xa para contratar unha viaxe. Así o aseguran nas axencias, que sinalan as illas, os cruceiros polo Mediterráneo ou diversos países do leste de Europa como os destinos máis solicitados pola súa clientela.

Pilar Rodríguez, axente de viaxes: "Vendéronse moitos voos directos dende Santiago a Istambul, a Ljubljana... Como se vendeu moitísimo, quedan algunhas prazas a Istambul. Tamén vendemos Nova York ou Costa Rica. Pero é un pouco tarde xa".

Así e todo, debido á gran demanda segue a haber opcións de última hora. Iso si, cun incremento de entre o 10 e 15 por cento respecto aos custos do ano pasado.

Pilar Rodríguez, axente de viaxes: "Os prezos encareceron un pouquiño. O nivel de vida subiu en todo, e nas viaxes tamén se nota, en cuestión de carburante e demais".

As axencias de viaxes encaran xa, de feito, a campaña da ponte das Letras e mais a venda anticipada das vacacións do verán.

Os prezos subiron respecto á Semana Santa pasada Os prezos subiron respecto á Semana Santa pasada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade