Os consumidores poden fraccionar o pagamento da luz se hai atraso nas facturas
Os usuarios poden dividir o pago en tantos meses como tardaron en recibir a factura
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia recordan ás comercializadoras que deben asegurarse de que o cliente coñeza esta condición
O dereito a fraccionar o pagamento das facturas da luz é só para os consumidores aos que as facturas non lles chegan a tempo, no período habitual. Isto está a ocorrer desde o mes de xuño, que foi cando cambiou o sistema de tarificación da electricidade.
Hai distribuidoras de enerxía eléctrica que non lles están enviando ás compañías comercializadoras as lecturas do consumo dos clientes, por iso non están emitindo as facturas ou tardan en facelo. O que causa esta tardanza, é que haxa consumidores aos que chegan varios recibos xuntos e ven imposible pagalos.
Por iso hoxe, e despois de recibir numerosas consultas e reclamacións, a Comisión Nacional do Mercado e da Competencia, recorda que os consumidores teñen dereito a fraccionar o pagamento da cantidade que deben en tantos meses como os que estiveron sen recibir a factura.
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia tamén que lles recordan ás comercializadoras da electricidade que deben esforzarse para que o cliente coñeza este dereito e que deben facilitar os medios para que soliciten o fraccionamento.