A Xunta pide actualizar o protocolo sobre os contaxios nos colexios
A volta ás aulas será o 10 de xaneiro de forma presencial
A Consellería de Sanidade predí que entre o 15 e o 18 de xaneiro chegará o pico máximo da sexta vaga
O Goberno galego xa defendera o regreso ás aulas o día 10 e a presencialidade, pero tamén levaba outras cuestións para debater hoxe no Consello Interterritorial.
Compartía Galicia esa prioridade de que a volta ás aulas fora totalmente presencial e se fixera con normalidade. O alumnado galego reincorpórase o próximo luns ás aulas en todos os niveis educativos, dende infantil ata a universidade, iso si, con todos os protocolos de seguridade que xa estaban cumprindo.
O conselleiro de Sanidade pedía tamén que se actualizase o protocolo de xestión dos contactos estreitos, e trasladar os cambios que se fixeron para a poboación xeral ao ámbito educativo.
Avanzou que Galicia prevé ter listo ese novo protocolo de corentenas antes do inicio do curso, o próximo día 10. Outra previsión: ter o 80 ou 90 por cento dos alumnos de 5 a 12 anos vacinados coa primeira dose antes de volver ao cole. O avance da vacinación dá tranquilidade para retomar o curso con normalidade malia o ritmo que levan os contaxios nesta sexta onda.
Minuto a minuto
Comeza o Consello Interterritorial de Saúde
A volta ás aulas será o 10 de xaneiro, como estaba previsto polo Ministerio de Educación, e de forma presencial
Comesaña di que esperan iniciar o curso co rango do 80 ou 90 % dos nenos de entre 5 e 11 anos vacinados coa primeira dose
Galicia pediu ao Ministerio un protocolo claro sobre os contaxios nos colexios. Á falta deste documento, o conselleiro de Sanidade explicou que a Xunta elabora o seu propio protocolo
Os maiores de 12 anos positivos deben facer corentena de 7 días, pero os contactos vacinados coa pauta completa non teñen que illarse
No caso dos menores de 12 anos, como non teñen pauta completa, os contactos estreitos deben facer corentena de sete días, como nos adultos
O Ministerio de Sanidade conta con 86 médicos de familia xubilados nos últimos anos para estar de apoio e aliviar a atención primaria de maneira temporal
Comesaña anuncia a apertura do prazo para incorporarse ás listas do sector sanitario da Xunta
Desde o Ministerio de Educación apostan por continuar co protocolo establecido nas aulas da obligatoriedade da máscara, a distancia, a hixiene e a ventilación; e sosteñen que "é peor ter os colexios pechados, que abertos"
Desde Educación defenden que os niveis de afección da covid nos centros educativos durante o primeiro trimestre foron "os da media", polo que "hai que chamar á tranquilidade"
Comesaña confía en que a poboación usará os autotests "de forma axeitada" e considerará un test de antíxenos como un positivo para intentar baixar a carga administrativa nos hospitais ao non ter que ir os cidadáns a confirmar o seu positivo cunha PCR
O Ministerio de Sanidade predí que entre o 15 e o 18 de xaneiro chegará o pico máximo da sexta vaga de casos activos en Galicia, aínda sostén que son "datas complicadas" que "virán condicionadas polos festivos"