Cargando resultados...
Os concesionarios galegos lanzan ofertas para darlle saída ao stock
Hai listas de agarda para adquirir coches eléctricos ou híbridos
G24.gal
03/12/2022 14:17
Última actualización 03/12/2022 17:50
Quedan uns vinte días laborables para rematar decembro e nos concesionarios apuran as ofertas para colocar os vehículos sen vender
Os que queiran híbridos ou eléctricos non o terán doado porque non hai stock nos establecementos e hai listas de agarda de moitos meses.
O 45 % dos coches novos vendidos en Galicia este ano foron eléctricos ou híbridos, pero a clientela galega ten moitas dúbidas á hora de mercar.
Á espera dos datos de decembro, este ano en Galicia as vendas de coches caeron un 10 % respecto ás do mesmo período do ano anterior.