Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Oficina Técnica da Seca reúnese este xoves para avaliar a situación nas zonas máis sensibles

A Oficina Técnica da Seca reúnese este xoves para avaliar a situación nas zonas máis sensibles

Os concellos galegos súmanse á petición de prudencia co uso da auga para evitar restricións

As reservas diminúen rapidamente polo aumento poboacional do verán e pola calor

G24.gal 06/08/2025 14:27 Última actualización 06/08/2025 16:54

Este xoves reúnese a Oficina Técnica da Seca para avaliar a situación nas zonas máis sensibles.

Despois de varias semanas de calor intensa, evaporación e consumos por riba dos habituais, os caudais dos ríos comezan a resentirse.

As reservas nos encoros son aínda altas, pero como cada vez entra menos auga, as autoridades piden prudencia.

O Concello de Noia sumouse nas últimas horas á petición de prudencia no uso da auga. Un chamamento similar repítese xa en decenas de municipios de toda Galicia. 

A demanda de auga aumenta porque agosto multiplica a poboación na maioría das vilas galegas. E as achegas son cada vez menores, porque hai menos caudal e máis evaporación pola calor. Así que as autoridades demandan un uso responsable.

 "Non hai aínda un problema de subministración, pero evidentemente ante a previsión de días calorosos, e de que os leitos dos ríos van diminuíndo, pois adoptamos a decisión", declarou Santiago Freire, o alcalde de Noia.

Piden que non se regue, non se enchan piscinas e non se baldeen as rúas para poder garantir que, no queda de verán, haberá auga para todos.

Paderne, Covelo, A Guarda e A Mezquita son algúns dos numerosos concellos que xa emitiron avisos de consumo responsable, moi pendentes da velocidade en que baixan as reservas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade