Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos afectados pola prealerta de seca chaman á conciencia cívica

Os concellos afectados pola prealerta de seca chaman á conciencia cívica

En Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Bueu e Ponte Caldelas só deben empregar a auga da traída se é imprescindible

Municipios coma Vigo ou Nigrán tamén toman medidas porque o encoro de Zamáns está ao 70 % da súa capacidade

G24.gal 22/07/2022 15:56 Última actualización 22/07/2022 16:14

Hai seis concellos afectados pola prealerta de seca prolongada decretada pola Xunta na conca do Lérez. En todos eles xa se toman medidas, de xeito especial naqueles onde a demanda medra pola chegada de turistas.

Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Bueu e Ponte Caldelas son os municipios afectados. A auga da traída só debe empregarse se é imprescindible. Reducirase ao máximo o baldeo das rúas e a rega de xardíns públicos. Ademais, as autoridades locais fan un chamamento á conciencia cívica

Sanxenxo xa publicou un bando que restrinxe o uso da rede municipal da auga no recheo de piscinas, no lavado de coches, na rega de xardíns e nos lavapés nas praias.

No resto da provincia, a concellos coma Vigo ou Nigrán preocúpalles a situación do encoro de Zamáns, ao 70 % da súa capacidade. De feito, xa están a tomar medidas e apelan ao consumo responsable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade