Cargando resultados...
Os comerciantes de Ferrol alertan da circulación de billetes falsos nesta campaña de Nadal
Os estafadores aproveitan estas datas para pagar con estes cartos falsos en establecementos comerciais e cafeterías
G24.gal
13/12/2023 17:31
Última actualización 13/12/2023 17:50
O Nadal é unha das campañas do ano máis importantes para o comercio, algo que os estafadores saben e utilizan. Nos comercios do centro de Ferrol xa están notando o aumento de billetes falsos en circulación e nas últimas semanas xa deron a voz de alerta.
Ano tras ano, a Policía Nacional dá consellos aos comerciantes para evitaren fraudes, e os propios establecementos teñen as súas armas para detectar estes calotes.
Agora, no que resta de campaña de Nadal, tocará atender os clientes cun ollo posto na caixa rexistradora.